Sobre Mercería Chantilly


Mercería - Lencería Chantilly nace coa ilusión de ofrecer ás mulleres reais todo un mundo de posibilidades e solucións. Para logralo especializámonos en sesións de talla personalizada, onde cada muller descubrirá a súa contorna e copa ideal, de xeito que as nosas clientas poidan verse guapas e sentirse sexys coa lencería, baño e pixama de tendencia. Traballamos desde a copa A ata a copa M.

A nosa especialización non acaba aí: temos tamén presente a esas mulleres maiores que utilizan roupa interior clásica, suxeitadores sen aro para durmir, suxeitadores estomagueros ou o clásico viso.

O noso interese é que toda muller se sinta cómoda e feminina en calquera momento, por iso agrádanos axudar a mulleres sometidas a mastectomías cunha ampla sección para elas.

Dispoñemos tamén doutra sección dedicada ao home, cunha ampla variedade de bóxers, slips, pixamas, batas, bañadores, etc.

Na nosa sección de mercería distinguímonos cun toque singular; atoparás un asesoramento con ideas e solucións ademais de todo o necesario para realizar os teus labores de costura, así como fornituras, lanas, telas…

Ofrecemos talleres de calceta, costura, patchwork e tamén servizos de arranxos, costura a medida, bordados de vestiario laboral, logos de empresa e bordados infantís.

Estaremos encantadas de ofrecervos o noso tempo.

A nosa tenda

logo-merceriachantilly.png