Condicións de compra
1. INTRODUCIÓN
Este texto (xunto con todos os textos mencionados nel) establece as condicións que rexen o uso deste sitio web (atenda.gal) e a compra de produtos nel (en diante, as "Condicións"), calquera que sexa a aplicación, medio dixital, soporte ou dispositivo a través do que se poida acceder. Pregámoslle que lea atentamente estas Condicións e a nosa Política de Privacidade e Cookies antes de usar este sitio web. Ao usar este sitio web ou realizar un pedido a través del, acepta estar suxeito ás presentes Condicións e á nosa Política de privacidade e cookies, polo que se vostede non está de acordo con todas as Condicións e coa Política de privacidade e Cookies, non debe usar esta páxina web.
Se ten algunha dúbida relacionada coas Condicións ou coa Política de privacidade e cookies, pode contactar connosco a través das nosas canles de contacto.
2. OS NOSOS DATOS
A venda de artigos a través desta páxina web é realizada baixo a denominación Atenda por os establecementos que a conforman. Os datos de contacto de cada tenda atópanse no apartado “Contacta connosco” de cada unha das tendas.
3. OS SEUS DATOS E AS SÚAS VISITAS A ESTA PÁXINA WEB
A información ou datos persoais que nos facilite sobre vostede serán tratados con arranxo ao establecido na Política de Privacidade e Cookies. Ao facer uso desta páxina web vostade consinte o tratamento de dita información e datos e declara que toda a información ou datos que nos facilite son veraces e se corresponden coa realidade.
4. USO DO NOSO SITIO WEB
Ao usar este sitio web e realizar pedidos a través del vostede comprométese a:
- Facer uso deste sitio web só para realizar consultas ou pedidos legalmente válidos.
- Non facer ningún pedido falso ou se razoablemente puidera considerarse que se fixo un pedido destas características, estaremos autorizados a cancelalo e a informar ás autoridades competentes.
- Facilitarnos o seu enderezo de correo electrónico, enderezo postal e/ou outra información de contacto de xeito veraz. Así mesmo, tamén acepta que podemos usar esta información para poñernos en contacto con vostede se fose necesario (consulte a nosa Política de privacidade).
- Se vostede non nos proporciona toda a información que precisamos, non poderemos procesar o seu pedido.
- Ao realizar un pedido a través deste sitio web, vostede declara ser maior de 18 anos e ter a capacidade legal para celebrar contratos.
5. DISPOÑIBILIDADE DO SERVIZO
Os artigos que se ofrecen a través desta páxina web están unicamente dispoñibles para o seu envío a territorio español (salvo Canarias).
Se desexa realizar un pedido dende outro país a través deste sitio web, por suposto, pode facelo. Non obstante, teña en conta que solamente ofrecemos entregas nos establecementos comerciais de venda de Tomiño ou nunha dirección de envío en territorio español. Os envíos fora do territorio español terán que estudiarse para cada caso de manera individual co comercio en cuestión a través do enderezo electrónico de contacto ou por teléfono.
6. COMO REALIZAR UN PEDIDO
Para realizar un pedido, deberá seguir o procedemento de compra online e facer clic no botón de finalizar compra. Tras isto, recibirá un correo electrónico acusando recibo do seu pedido (a “Confirmación de Pedido”). Así mesmo, informarémoslle mediante correo electrónico de que o produto está sendo enviado (“Confirmación de Envío”).
7. MEDIOS TÉCNICOS PARA CORRIXIR ERROS
En caso de que vostede detectase que se produxo un erro ao introducir os seus datos persoais durante o seu rexistro como usuario desta páxina web, poderá modificar os mesmos no apartado ‘A miña conta’.
En todo caso, poderá corrixir erros relacionados cos datos persoais achegados durante o proceso de compra dirixíndose ao servizo de atención ao cliente a través do enderezo de correo electrónico de cada comercio ou por teléfono (pode atopalos no apartado “Contacta connosco” de cada tenda), así como exercitar o dereito de rectificación contemplado na nosa Política de Privacidade e Cookies.
Esta páxina web amosa ventás de confirmación en diversos apartados do proceso de compra que non permiten proseguir con pedido se os datos destes apartados non se proporcionaron correctamente. Así mesmo, esta páxina web ofrece os detalles de todos os produtos engadidos á súa cesta durante o proceso de compra, de forma que, antes de realizar o pago, vostede poderá modificar os datos do seu pedido.
Se vostede detectase un erro no seu pedido con posterioridade á finalización do proceso de pago, deberá poñerse en contacto de xeito inmediato co servicio de atención al cliente, no enderezo de correo electrónico anteriormente mencionado para subsanar o erro.
8. DISPOÑIBILIDADE
Todos os pedidos están suxeitos á dispoñibilidade dos produtos. Se se produciran dificultades en canto ao subministro de produtos ou se non quedan produtos en stock, reembolsarémoslle calquera cantidade que vostede puider ter abonada.
9. ENTREGA
Antes de formalizar o pedido vostede deberá seleccionar a modalidade de entrega que máis se axuste ás súas necesidades. Agás que teñamos acordada outra cousa, enviaremos o pedido consistente nos produtos relacionados en cada Confirmación de Envío en función dos prazos marcados por cada establecemento comercial de xeito individual dende a data da Confirmación de Pedido.
Teña en conta que existen circunstancias derivadas da personalización dos produtos ou circunstancias imprevistas ou extraordinarias que poden afectar á data de entrega.
Se por algún motivo non puidésemos cumprir coa data de entrega, informarémoslle desta circunstancia e lle daremos a opción de seguir adiante coa compra establecendo unha nova data de entrega ou ben anular o pedido con reembolso total do prezo pagado.
A efectos das presentes Condicións, entenderase que se produciu a entrega ou que o pedido foi entregado no momento en que vostede ou un terceiro indicado por vostede adquira a posesión material dos produtos, o que se acreditará mediante a sinatura da recepción do pedido na dirección de entrega establecida.
10. IMPOSIBILIDADE DE ENTREGA
Se resulta imposible efectuar a entrega do seu pedido, tentaremos buscar un lugar seguro para deixalo. Se non podemos atopar un lugar seguro, o seu pedido será devolto ao punto de orixe. Así mesmo, deixaremos unha nota explicando onde se atopa o seu pedido e que pasos seguir para que lle sexa enviado de novo. Se non vai estar no lugar de entrega á hora convida pregámoslle que se poña en contacto con nós para establecer a entrega outro día.
En caso de que transcorridos 15 días dende que o seu pedido estea dispoñible para a súa entrega, o pedido non fora entregado por causa non imputable a nós, entenderemos que desexa desistir do contrato e o consideraremos resolto. Como consecuencia da resolución do contrato, devolverémoslle todos os pagos recibidos, en calquera caso, no prazo máximo de 14 días dende a data na que consideremos resolto o contrato. Por favor, teña en conta que o transporte derivado da resolución pode ter un coste adicional, polo que estaremos autorizados a repercutirlle os costes correspondentes.
Estas condicións poderán sufrir modificacións en función do establecido por cada establecemento comercial individual recollido en atenda.gal.
11. TRANSMISIÓN DO RISCO E A PROPIEDADE
Os riscos dos produtos será do seu cargo a partir do momento de entrega. Vostede adquirirá a propiedade dos produtos cando recibamos o pago completo de todas as cantidades debidas en relación cos mesmos, incluídos os gastos de envío se os houbera, ou ben no momento da entrega (segundo definición contida en cláusula 9 anterior) se esta tivese lugar nun momento posterior.
12. PREZO E PAGO
Os prezos da páxina web inclúen o IVE.
Os prezos poden cambiar en calquera momento, pero os posibles cambios non afectarán aos pedidos aos que xa se enviou unha confirmación de pedido.
Unha vez seleccionados todos os produtos que desexa mercar, engadiranse á cesta e o seguinte paso será procesar o pedido e realizar o pago. Para iso, debe seguir os pasos do proceso de compra, cubrindo ou comprobando a información que se solicita en cada paso. Do mesmo xeito, durante o proceso de compra, antes de realizar o pagamento, pode modificar a información do seu pedido. Ademais, se é un usuario rexistrado, terá o detalle de todos os pedidos realizados na sección A miña conta. Soamente é necesario un único rexistro para comprar en todos os establecementos comerciais de atenda.gal.
Podrá utilizar como medio de pago las tarjetas Visa, Mastercard, American Express y PayPal, dependendo das opcións específicas dispoñibles en cada establecemento comercial recollido en atenda.gal.
Ao facer clic en "Autorizar o pagamento", confirmará que a súa tarxeta de crédito é súa.
Para minimizar o risco de acceso non autorizado, os datos da súa tarxeta de crédito cifraranse. As tarxetas de crédito estarán suxeitas a comprobacións e autorizacións da entidade emisora, pero se a devandita entidade non autoriza o pago, non seremos responsables de ningún atraso ou falta de entrega e non poderemos formalizar ningún contrato con vostede.
13. COMPRA COMO INVITADO
Esta páxina web tamén permite a compra a través da funcionalidade de compra como invitado. Nesta modalidade de compra solicitaránselle unicamente os datos imprescindibles para poder tramitar o seu pedido.
Unha vez finalizado o proceso de compra, ofreceráselle a posibilidade de rexistrarse como usuario ou continuar como usuario non rexistrado.
14. POLÍTICA DE CANCELACIÓN E DEVOLUCIÓNS
Se vostede está contratando como consumidor ou usuario, ten dereito a desistir do presente contrato nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación.
O prazo de desestimento expirará aos 14 días naturais dende o día en que vostede ou un terceiro por vostede indicado, distinto do transportista, aquirira a posesión material dos bens ou en caso de que os bens que compoñen o seu pedido se entreguen por separado, aos 14 días naturais do día en que vostede ou un terceiro por vostede indicado, distinto ao transportista, adquirira a posesión material do último deses bens.
Para exercer o dereito de desestimento, deberá vostede notificar por escrito ao comercio en cuestión a través do enderezo electrónico de contacto que figura no apartado “Contacta connosco”. Para cumprir o prazo de desestimento é suficiente con que a comunicación relativa ao exercicio pola súa parte deste dereito sea enviada antes de que venza o prazo correspondente.
En caso de desestimento pola súa parte, devolverémoslle todos os pagos recibidos, incluídos os gastos de entrega ata a dirección de envío inicial sen ningunha demora indebida e nos prazos marcados de forma individual por cada un dos establecementos comerciais recollidos en atenda.gal. O reembolso realizarase usando o mesmo medio de pago empregado por vostede para a transacción inicial. Os gastos xerados polo envío dos produtos dende o cliente ata o comercio, terán que ser asumidos polo cliente. Non obstante, poderemos reter o reembolso ata ter recibidos os produtos ou ata que teña presentado unha proba de devolución dos mesmos, segundo que condición se cumpra primeiro.
15. GARANTÍAS
Se vostede contrata como consumidor e usuario, cada un dos establecementos comerciais recollidos en atenda.gal ofrecerá garantías sobre os produtos que comercializa a través desta páxina web, nos termos legalmente establecidos para cada tipo de produto, respondendo, por tanto, pola falta de conformidade dos mesmos que se manifeste nun prazo de dous anos dende a entrega do produto.
Enténdese que os produtos son conformes co contrato sempre que se axusten á descrición realizada na web e posúan as cualidades alí recollidas, sexan aptos para os usos aos que ordinariamente se destinan os produtos do mesmo tipo e presenten a calidade e prestacións habituais dun produto do mesmo tipo que sexan fundadamente esperables. Neste sentido, se algún dos produtos non fora conforme co contrato, vostede deberá de poñelo en coñecemento seguindo as canles de comunicación sinaladas en apartados anteriores.
16. RESPONSABILIDADE E EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Agás que expresamente se dispoña o contrario nas presentes Condicións, a responsabilidade dos establecementos comerciais de atenda.gal en relación con calquera produto adquirido na nosa páxina web estará limitada estrictamente ao prezo de compra de dito produto.
Non obstante, e agás isposición legal en sentido contrario, non se aceptará ningunha responsabilidade polas seguintes perdas, con independencia da súa orixe:
- perdas de ingresos ou vendas.
- perda de negocio.
- lucro cesante ou perda de contratos.
- perda de aforros previstos.
- perda de datos.
- e perda de tempo de xestión ou de horario de oficina.
Debido á posibilidade de que se produzcan erros na almacenaxe e transmisión de información dixital, non se garante a precisión e seguridade da información transmitida ou obtida por medio desta páxina web a non ser que se estableza expresamente o contrario na mesma.
17. PROPIEDAD INDUSTRIAL E INTELECTUAL
Vostede recoñece e acepta que todos os dereitos de autor, marcas rexistradas e outros dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre os materiais ou contidos que se proporcionan como parte do sitio web corresponden en todo momento a nós ou a quen nos concedeu unha licenza para o seu uso. Pode utilizar ese material só do xeito que o autoricemos expresamente nós ou os que nos concedeu unha licenza para usala. Isto non impedirá que use este sitio web na medida necesaria para copiar a información sobre o seu pedido ou os datos de contacto.
18. VIRUS, PIRATERÍA E OUTROS ATAQUES INFORMÁTICOS
Non debe facer un uso indebido deste sitio web introducindo intencionadamente virus, troianos, gusanos, bombas lóxicas ou calquera outro programa ou material tecnoloxicamente prexudicial. Non intentará ter acceso non autorizado a este sitio web, ao servidor onde está aloxada a devandita páxina ou a calquera servidor, ordenador ou base de datos relacionados co noso sitio web. Vostede comprométese a non atacar este sitio web mediante un ataque de denegación de servizo ou un ataque de denegación de servizo distribuído.
O incumprimento desta cláusula pode provocar a comisión de infraccións tipificadas pola normativa aplicable. Informaremos de calquera incumprimento desta normativa ás autoridades competentes e cooperaremos con elas para descubrir a identidade do atacante. Do mesmo xeito, en caso de incumprimento desta cláusula, deixará inmediatamente de estar autorizado a usar este sitio web.
Non seremos responsables de ningún dano ou perda derivados dun ataque por denegación de servizo, virus ou calquera outro programa ou material tecnoloxicamente prexudicial que poida afectar o seu ordenador, equipos informáticos, datos ou materiais como resultado do uso deste sitio web ou da descarga de contidos do mesmo ou aos que o mesmo redireccione.
19. LINKS DESDE A NOSA PÁXINA WEB
No caso de que o noso sitio web conteña ligazóns a outros sitios web e materiais de terceiros, estas ligazóns só se proporcionan con fins informativos, sen que teñamos ningún control sobre o contido dos devanditos sitios web ou materiais. Polo tanto, non aceptamos ningunha responsabilidade por calquera dano ou perda derivada do seu uso.
20. COMUNICACIÓNS POR ESCRITO
A normativa aplicable esixe que parte da información ou comunicacións que lle enviamos sexa por escrito. Ao usar este sitio web, acepta que a maioría destas comunicacións con nós serán electrónicas. Contactaremos con vostede por correo electrónico ou proporcionarémoslle información publicando avisos neste sitio web. Para fins contractuais, acepta utilizar este medio de comunicación electrónico e recoñece que todos os contratos, notificacións, información e outras comunicacións que lle enviamos electronicamente cumpren cos requisitos legais de estar por escrito. Esta condición non afectará os seus dereitos recoñecidos pola lei.
21. NOTIFICACIÓNS
As notificacións que vostede nos envíe deben enviarse a través do noso enderezo de correo electrónico info@atenda.gal para información xeral e aos medios de contacto propios de cada un dos establecementos comerciais recollidos en atenda.gal para cuestións de facturación e pedido. Podemos enviarlle comunicacións por correo electrónico ou ao enderezo postal que vostede facilitou ao realizar un pedido.
Entenderase que as notificacións recibíronse e fixéronse correctamente ao mesmo tempo que se publicaron na nosa páxina web, 24 horas despois do envío dun correo electrónico ou tres días despois da data de franqueo de calquera carta. Para demostrar que se realizou a notificación, será suficiente demostrar, no caso dunha carta, que tiña o enderezo correcto, que estaba correctamente selado e que se entregou debidamente na oficina de correos ou nunha caixa de correo e, no caso dun correo electrónico, que se enviou ao enderezo de correo electrónico especificado polo destinatario.
22. CESIÓN DE DEREITOS E OBRIGAS
O contrato é vinculante tanto para vostede como para nós, así como para os nosos respectivos sucesores, cesionarios e sucesores no título, e os responsables dos establecementos comerciais recollidos en atenda.gal. Non pode transmitir, ceder, gravar nin transferir doutro xeito un contrato nin ningún dos dereitos ou obrigas derivados del, sen ter obtido o noso consentimento previo por escrito.
Podemos transmitir, ceder, gravar, subcontratar ou transferir de calquera outra forma un contrato ou calquera dos dereitos ou obrigas derivados del, en calquera momento da súa vixencia. Para evitar calquera dúbida, as devanditas transmisións, cesións, gravames ou outras transferencias non afectarán aos dereitos que, no seu caso, vostede, como consumidor, recoñeceu por lei nin cancelarán, reducirán ou limitarán doutro xeito as garantías, tanto expresas como implícitas, que poderiamos ter concedido.
23. ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL
Non seremos responsables de ningún incumprimento ou atraso no cumprimento de ningunha das obrigas asumidas, cando se deba a eventos que están fóra do noso control razoable (“Causa de Forza Maior").
As Causas de Forza Maior incluirán calquera acto, evento, falta de exercicio, omisión ou accidente que estea fóra do noso control razoable e, entre outros, os seguintes:
- Folgas, bloqueos ou outras medidas
- Conmoción civil, revolta, invasión, ameaza ou ataque terrorista, guerra (declarada ou non) ou ameaza ou preparativos de
- Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto, afundimento, epidemia, pandemia ou calquera outro desastre
- Imposibilidade de usar trens, buques, avións, transporte a motor ou outros medios de transporte, públicos ou
- Imposibilidade de usar sistemas públicos ou privados de
- Actos, decretos, lexislación, regulamentos ou restricións de calquera goberno ou autoridade pública.
Entenderase que as obrigas suspenderanse durante o período no que continúe a Causa de Forza Maior e teremos unha prórroga no prazo para cumprir as devanditas obrigacións por un período de tempo igual á duración da Causa de Forza Maior. Utilizaremos todos os medios razoables para rematar o evento de forza maior ou atopar unha solución que nos permita cumprir as nosas obrigas a pesar da causa de forza maior.
24. RENUNCIA
A falta de esixencia pola nosa parte dun cumprimento estricto de calquera das obrigas asumidas por vostede nun contrato ou das presentes Condicións ou a falta de exercicio pola nosa parte dos dereitos ou accións que nos poidan corresponder en virtude do devandito contrato ou das Condicións, non implicará ningunha renuncia ou limitación en relación cos devanditos dereitos ou accións nin tampouco o exonerará do cumprimento destas obrigas.
Ningunha renuncia por parte dun dereito ou acción específica implicará a renuncia a outros dereitos ou accións derivados dun contrato ou das Condicións. Non producirá ningunha renuncia por parte destas Condicións nin dos dereitos ou accións derivados dun contrato, a non ser que se estableza expresamente que é unha renuncia e se lle formalice e se lle comunique por escrito de acordo co establecido na sección de notificacións anterior.
25. NULIDADE PARCIAL
Se algunha das presentes Condicións ou algunha disposición dun contrato fosen declaradas nulas e sen efecto por resolución firme dictada por autoridade competente, os restantes termos e condicións permanecerán en vigor, sen que queden afectados por dita declaración de nulidade.
26. ACORDO COMPLETO
As presentes Condicións e calquera documento expresamente mencionado nelas constitúen o acordo completo existente entre vostede e atenda.gal en relación co seu propósito e substitúen calquera outro pacto, acordo ou promesa previa acordado entre vostede e nós verbalmente ou escrito
Vostede e nós recoñecemos ter consentido a celebración dun contrato sen ter confiado en ningunha declaración ou promesa feita pola outra parte ou que puidese deducirse a partir de calquera declaración ou escrito nas negociacións iniciadas polos dous antes dela, agás o mencionado expresamente nestas Condicións.
Nin vostede nin nós dispoñeremos de acción fronte a calquera declaración incerta feita pola outra parte, verbal ou por escrito, antes da data do contrato (a menos que esa declaración de incerteza se fixera de forma fraudulenta) e a única acción dispoñible a outra parte será por incumprimento do contrato segundo o disposto nestas condicións.
27. O NOSO DEREITO A MODIFICAR ESTAS CONDICIÓNS
Reservámonos a facultade de modificar os Termos e Condicións. As modificacións introducidas non terán carácter retroactivo.
Se vostede non está de acordo coas modificacións introducidas, recomendámoslle non facer uso da nosa páxina web.
28. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
O uso do noso sitio web e os contratos de compra de produtos a través do devandito sitio web rexeranse pola lexislación española.
Calquera controversia que xurda ou estea relacionada co uso do sitio web ou cos devanditos contratos estará suxeita á xurisdición non exclusiva dos xulgados e tribunais españois.
Se está contratando como consumidor, nada nesta cláusula afectará os seus dereitos recoñecidos pola lexislación vixente.
29. COMENTARIOS, SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS
Os seus comentarios e suxestións serán benvidos. Pedímoslle que nos envíe estes comentarios e suxestións, así como calquera consulta, queixa ou reclamación, a través das nosas canles de contacto de correo electrónico indicado na cláusula 2 destas condicións. Ademais, temos a disposición dos consumidores e usuarios formularios de reclamacións oficiais. Pode solicitalos a través das nosas canles de contacto.
As súas queixas e reclamacións ao servizo de atención ao cliente serán tratadas no menor tempo posible.